name,subtitle,description,nodes,category,sdgs,social_commitment,date_init,date_end,campaing_end,location,minimum_amount,optimal_amount,amount,visits,donors,matched_donors "A loita xudicial contra a permanencia de ENCE na Ría de Pontevedra.","Campaña de co-financiamento dos gastos xurídicos da defensa ante os Tribunais da anulación da prorroga a ENCE na Ría de Pontevedra","No camiño cara á **recuperación da Ría de Pontevedra**, un espazo natural de enorme interese polos seus **valores ambientais, paisaxísticos, económicos e de lecer e calidade de vida**, topámonos con agresións de distinta índole e con decisións administrativas e xudiciais que actúan coma un freo ao noso obxectivo. A chegada da fábrica de pasta de papel ENCE á nosa Ría (nos anos 60 do pasado século) foi, sen dúbida, o maior deses atrancos. No momento actual, **estase a dirimir no Tribunal Supremo **(TS) a prórroga da súa permanencia na Ría até o ano 2073, **unha prórroga que na APDR temos recorrido por ser contraria á lexislación ambiental, á lóxica e ao sentido común**, pois suporía -na práctica- darlle carácter de propiedade privada ao que realmente foi unha concesión administrativa en dominio público. Con independencia de cal sexa a decisión do TS, **a actuación xudicial proposta supón un reto económico que na APDR** non podemos afrontar en solitario. **Precisamos da túa axuda**. Convencidas de que **xuntas podemos conseguir a paralización desta irregular prórrog**a e iniciar así **o noso obxectivo de recuperar a Ría** para o que é a súa vocación natural, facemos un chamado á sociedade galega a colaborar economicamente coa nosa loita contra a permanencia de ENCE en Lourizán.",,Ecológico,"Salud y bienestar,Acción por el clima,Vida de ecosistemas terrestres","Acción por el clima",2025-11-17,,,,4000,6500,5200,967,86,0